Saturday 18 de May de 2024

Samaín no Castelo de Moeche


 

A rapazada do CEIP San Ramón de Moeche e as súas familias levan a celebración do Samaín para dentro da fortaleza medieval, quizais un dos mellores espazos para gozar desta festa ancestral envolta en misterio que, pasiño a pasiño, vai recuperándose con serias dificultades para diferenzarse do “halloween”.

Os nenos e nenas terán xogos, merenda e outras actividades coas que rememorar as antigas celebracións de cambio de estación e de contacto entre o mundo dos vivos e o do Alén.

A cativería non terá que pagar, mentres que o prezo para persoas adultas serán 2€. O Samaín de Moeche -organizado pola ANPA da escola en colaboración co Concello- comezará sobre as 16.30h. e prolongarase ata o serán.